Imprimir

Manuel Dimas, xeración do 87

Diario de Pontevedra | 24 de enero de 2018

O pintor é un dos personaxes que aparecen fotografados na exposición 'La generación del 87. Orígenes y destinos 1987/2017', que se pode visitar no Centro Cultural Conde Duque de Madrid

Retrato do pintor Manuel Dimas na exposición de Madrid. CEDIDAA publicación cultural La Luna de Madrid lanzou en 1987 un número especial de fotografía no que unha serie de autores retrataban a un grupo de 87 persoas que consideraba relevantes do momento. Un deles era o pintor, e hoxe tamén mestre na facultade de Belas Artes, Manuel Dimas. Trinta anos despois, Félix Cabez, José Tono Martínez e Inma Ruiz son os comisarios dunha mostra que volve sobre aqueles personaxes para propoñer unha reflexión sobre a transformación que experimentou a sociedade española neste tempo a través da evolución persoal desta xente. Aí volve aparecer Dimas retratado por Guillermo González Prieto.

 

La generación del 87. Orígenes y destinos 1987/2017 poderá visitarse ata o 8 de abril no Centro Cultural Conde Duque. "Los retratos de 87 personas de todos los ámbitos de la cultura y sociedad publicados hace treinta años dialogan ahora con fotografías actuales de los mismos protagonistas invitándonos a compartir su evolución, inquietudes, logros, sueños...", explica o Centro Conde Duque sobre a mostra.

 

A mostra conta con 56 fotografías inéditas realizadas por 15 fotógrafos de distintas xeracións e escolas xunto ás 87 imaxes orixinais extraídas da revista. As imaxes están acompañadas por textos derivados das reflexións dos protagonistas para ofrecer un percorrido emocional completo a través desta particular xeración do 87.

 

El pintor Manuel Dimas. DAVID FREIRE"El paisaje que componían esos 87 rostros, entre los que se encontraba el mío, ha estado tres décadas fascinándome de tal manera que ha acabado convertido en el presente trabajo documental", conta nun texto sobre a exposición o seu promotor, o cineasta Félix Cabez. "Conocer la evolución de las personas retratadas para este número especial de la mítica y vigente revista es hablar de vida, muerte, pasión, belleza, miedo, tiempo, país, sociedad, crisis, éxito, dolor, amor...".

 

CENTRO CENTRO. Dimas non aparece só na exposición La generación del 87 estes días en Madrid. A súa imaxe tamén forma parte doutra, que case se podería considerar complementaria da primeira e que se pode ver no Centro Centro ata o 4 de febreiro. Trátase de La cara oculta de la luna. Arte alternativo en el Madrid de los 90. Neste caso, o mestre de Belas Artes aparece retratado por Campano xunto a outros amigos artistas.

 

 

"La cara oculta de la luna realiza un recorrido por la escena independiente del arte en Madrid entre 1980 y 2003, una de las etapas de mayor explosión creativa en la ciudad", explican os promotores da mostra. "Comisariada por Tomás Ruiz-Rivas, a través de fotografías, vídeos, instalaciones y documentos originales, reunidos en primicia para CentroCentro, revisa el otro mundo del arte hecho por los artistas cuya historia discurre en paralelo a la historia escrita desde las instituciones oficiales".

 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/pontevedra/manuel-dimas-xeracion-do-87/20180124121143962373.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)