A alcaldesa María Ramallo recibe a unha alumna Premio Extraordinario da ESO

Antía García acudió al Concello acompañada de compañeiros. CEDIDA
photo_camera Antía García acudió al Concello acompañada de compañeiros. CEDIDA

A alcaldesa, María Ramallo, recibiu este venres a Antía García Soliño, a alumna do IES Illa de Tambo que obtivo o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondente ao curso 2017/2018, ao que optaban 43 alumnos de toda Galicia.

A marinense foi unha dos 20 alumnos recoñecidos pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con 750 euros.

Este premio ten como obxectivo valorar públicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente aproveitamento académico a Educación Secundaria Obrigatoria na comunidade.

MÉRITO. "O mérito estudiantil da marinense é maior se se ten en conta o inconvinte de que posúe unha doenza que fai que ás veces Antía teña que acudir ás súas clases en muletas ou incluso en cadeira de rodas", apunta o Goberno municipal.

Así, a alcaldesa transmitiulle o apoio dende o Concello, e obsequiouna cunha mochila e cun paraugas.

Antía foi ao Consistorio acompañada da súa nai e dunha decea de amigos que recibiron tamén unha taza conmemorativa do 8 de marzo, adicada este ano ás mulleres deportistas, e unha bolsa, que foron entregadas pola concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín.

Comentarios