Marín recibe aos corsarios cunha Festiña

O Concello mantén as dúas xornadas lúdicas pero totalmente adaptadas a actual situación, evitando as comidas nas rúas e calquera tipo de aglomeración de xente
Imaxe dun momento da Festa Corsaria do ano pasado. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Imaxe dun momento da Festa Corsaria do ano pasado. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O municipio marinense celebrará o venres e o sábado a súa Festiña Corsaria, aínda que dun xeito totalmente diferente ao de anos anteriores. Non haberá mesas para comidas nas rúas, nin grandes actuacións ou eventos que poidan provocar aglomeracións de xente.

Ademais, adoptaranse medidas sanitarias e preventivas para facer fronte ao Covid-19 e pídese a todo o público que goce destes días coa máxima responsabilidade. “O obxectivo é que sexan unhas xornadas lúdicas pero totalmente adaptadas ás circunstancias actuais, tal e como xa fixemos coas Festas da Virxe do Carme, que tamén se centraron nesta dinamización cultural de pequeno formato que permite manter todas as medidas sanitarias e de seguridade”, asegura a concelleira Marián Sanmartín.

A programación comeza o venres coa apertura do Mercado Medieval ás 18.00 horas na Alameda e nas inmediacións do centro urbano. Ás 19.00, no mesmo espazo, comezará a animación de circo, que estará seguida polo pasarrúas Tree Folk ás 19.30. O relevo musical será ás 21.30 horas para a Charanga Noroeste e ás 23.00 dará comezo o concerto de Somoza Trío na Alameda.

O sábado, o día con máis actividades, co Mercado Medieval e as bases mariñas do Mercado, correspondente ao bando de Gago de Mendoza, e de Ezequiel Massoni, propiedade dos ingleses.

Os tradicionais oficios colocaranse no Parque Eguren desde as 10.00 até as 21.00 horas. Estarán o alquimista-augardenteiro, o alfareiro, o toneleiro, o fabricante de seda, o adicado a ave e cetrería, o fabricante de barcas, o telleiro, o tallador de madeira e o artesán de basoiras.

Haberá música e animación durante todo o día, sempre con pasarrúas, exhibicións ou actuacións de pequeno formato. Para evitar aglomeracións, substituirase a tradicional batalla entre corsarios e ingleses por dous desfiles, que se poderán ver desde diversos puntos da avenida de Ourense, permitindo manter así a distancia de seguridade. Ás 13.30 será a quenda da invasión inglesa, mentres, a corsaria comezará ás 21.30, as dúas con música e animación.

Un espectáculo de fogo no Parque Eguren e os concertos de Demasiadas sombras e poucas luces na Alameda; Robert Carcos en Méndez Núñez; Gran Garaje en Augusto Miranda; Trincho Café na Praza 8 de Marzo, e Weli Kings en Ezequiel Massoni, poñerán o broche de ouro.

117118109_3250025161751123_7879825541201758753_n

Comentarios