Opinión

Mediadores, relatores, notarios

EN TODOS os conflitos, se as partes queren solucionalo, recórrese a mediadores, relatores, negociadores, facilitadores, notarios, chámeselle como se lle chame a esta figura que busca achegamento de posturas. Tamén pola contra hai colectivos que nas disputas son proclives a manter o enfrontamento, porque aí atopan maior rendibilidade. Pero se hai contactos que buscan remedios soen ser segredos. Rajoy mantivo achegamentos con Artur Mas, co consentimento de Pedro Sánchez cando era o líder da oposición, grazas a uns emisarios cos que se pretendía reconducir as relacións entre a comunidade catalá e o Goberno antes do referendo do 9-N de 2014. E Aznar mantivo unha liña de interlocución con Eta para conseguir que a banda terrorista abandonara as armas. Diso hai 20 anos. Agora a arbitraxe entre Cataluña e España é pública, ese é o problema, que se soubo porque as dúas partes informaron dela, unha por interese e a outra por desesperación.

Comentarios