Do 'submarine' e o Satisfyer á exhumación de Franco: as Murgas xa teñen finalistas

O narcosubmarino, o satisfyer, a exhumación de Franco e a iluminación de Caballero cóanse no Concurso, cuxa final terá lugar este xoves
Felipe VI de murga. DAVID FREIRE
photo_camera Felipe VI de murga. DAVID FREIRE

O narcosubmarino apresado na Ría de Aldán, a exhumación de Franco, a iluminación de Nadal da cidade de Vigo, a crise política en O narcosubmarino, o satisfyer, a exhumación de Franco e a iluminación de Caballero cóanse no Concurso de Murgas e o éxito do programa de televisión La Isla de las Tentaciones (Telecinco) fixéronse un oco, este mércores á noite, na segunda eliminatoria do XXIX Concurso de Murgas de Pontevedra, na que volveron ser temas estrela con moita diferencia o Satisyer e Vox. Practicamente todas as agrupación lle adicaron algunha letra. Os Arrombados chegaron a levar un succionador de clítores real e bromear con el sobre o escenario.

Logo deste segunda semifinal, o xurado elixiu os cinco finalistas que este xoves competirán a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura: Equipo Ja, Leña Verde, Os do Val do Lérez, Jana de Leria y Tropa de Moncha A Caralla.

Seis murgas participaron na segunda semifinal, que ateigou o recinto e volveu rematar de madrugada: Los PTV, os mencionados Os Arrombados (O Grove), Murga do Naveiro, Equipo Ja, Os da Prensa (O Grove) e Leña Verde.

"Satisfyer/ es la moda./ Satisfyer/ lo succiona/. ¿Y ahora qué?/ ¿Qué va a ser/ del hombre sin mujer?/ ¡Satisfyer!", cantaron, ao ritmo do Satisfaction, dos Rolling Stones, Los PTV, que se presentaron como a tripulación do buque escola Juan Sebastián Elcano e capitaneados por un particular Felipe VI, que lembrou os seus tempos de alumno da Escola Naval Militar de Marín. "Por fin le voy a ganar una regata a mi padre. Eso sí, a papar mariscadas en San-geeen-jooo no le gana nadie".

Eles, como case todos, tamén falaron do narcosubmarino. Empregaron a melodía do Yellow submarine, dos Beatles, a mesma que usou a Murga do Naveiro para falar dese mesmo tema. "Tres mil quilos/ levaba o submarine,/ levaba o submarine,/ levaba o submarine".

Os temas locais conseguiron algo de espazo nesta semifinal na que houbo tempo para falar da xubilación de Lores. Los PTV cantaron: "Tras 20 años de mandato,/para Lores un mausoleo./ Mosquera ya ha ordenado/ una ampliación del Museo". E a Murga do Naveiro: "Non, non,/ non todo é que o que che pete, Lores;/ hai que ir pensando en marchar.../ Ai, ai,/ non podes vivir de rentas, Lores,/ algo haberá que cambiar".

DAVID PAZO DA CULTURA. Entroido. Segunda eliminatoria do Concurso de Murgas. , miércoles, 26 feb · 21:00–21:00

AS RATAS. Tamén recurriron á actualidade local os membros do Equipo Ja, que parodiaron a portada do Diario de Pontevedra na impresión das súa letras. "¡Hola, Miguelito!/ ¡Hola, Rafael!/ ¿Pasou por Peregrina?/ Por Peregrina eu pasei./ ¿Viu vostede á rata?/ Á rata non a vin./ Fai algo, Miguelito./ Fareino, Rafael".

O pacto de goberno en Madrid tamén protagonizou varios versos. Como os de Leña Verde, ao ritmo de Uno más uno son siete, de Fran Perea: "Agora vamos a pactar/ catalanes, comunistas, batasunos e demais./ Túa muller para ijualdá;/ Echenique, mobilidá;/ Puidemont para exteriores, que total fóra xa está;/ Rivera iba pa consumo, que moi mal non se lle dá,/ Junqueras con ese bo ollo/ vai para seguridad... Non manda un, mandan sete...".

2020022710352087600

Comentarios