Miles de persoas maniféstanse co BNG para esixir un "cambio político"

Marcharon entre son de gaitas e pandereitas e con cánticos como 'Quen queira, quen non, Galicia é unha nación'

 

Miles de persoas acudiron este mércores á chamada do BNG a manifestarse polas rúas de Santiago o Día da Patria Galega, co obxectivo de converter esta xa tradicional mobilización no "catalizador das ganas de cambio político" que hai en Galicia. 

Tal e como proclamou, ao comezo da marcha na Alameda compostelá ao mediodía, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o goberno da Xunta está "sen ideas, desganado e cun presidente que parece que está aburrido de presidir Galicia". 

Entre son de gaitas e pandereitas e con cánticos como 'Quen queira, quen non, Galicia é unha nación', 'Independencia', 'Galicia ceive, poder popular' ou 'Galicia, mañá, República será', os manifestantes percorren as rúas compostelás até chegar á praza da Quintana, presididos por unha pancarta na que pode lerse "Unha idea clara. Sumar por Galicia". 

Comentarios