Mobilizado un helicóptero para evacuar un home que caeu dunha árbore na Estrada

Imagen de archivo del helicóptero del 112
photo_camera Un helicóptero do 061. ARCHIVO

Un home resultou ferido este venres na Estrada ao caer dunha árbore, o que levou a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacualo. Os servizos sanitarios de urxencias informaron á central do 112 do desprazamento, que comezou sobre as 16.30 horas.

O sinistro rexistrouse na parroquia de Rubín, e o 112 avisou á Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Atendendo á información da central de emerxencias, non foi un accidente laboral.