Moldes: o gran renovador da pintura galega

Herdeiro recoñecido da vangarda histórica, o autor, que formou parte de Atlántica, entrou na Real Academia das Belas Artes en 2005

Manuel Moldes, en la fachada del museo. JAVIER CERVERA
photo_camera Manuel Moldes, en la fachada del museo. JAVIER CERVERA

"Moldes foi, dende fi nais dos 70 ata ben entrados os 80, primeiro como integrante de Atlántica e despois en solitario, un dos grandes renovadores da pintura galega dos últimos 40 anos", explica o crítico Antón Castro. "Pero o máis importante é que foi capaz de levar a cabo esa renovación dende a identidade. En Moldes, que respira expresionismo, sempre houbo un signo identitario, de tipo proustiano, a través do que volvía a Galicia e, sobre todo, a Pontevedra, e con iso foi capaz de lograr unha linguaxe universal. Supón unha ligazón entre a identidade máis antiga da vangarda histórica galega, a xeración de Laxeiro e Colmeiro, coa actualidade. Revitalizou esa tradición dándolle un carácter absolutamente universal".

Manuel Rodríguez Moldes naceu en Pontevedra o 12 de novembro de 1949. A súa traxectoria artística iniciouse nos anos 70 en Madrid, cidade á que viaxou para estudar Ingeniería de Caminos, estudos que posteriormente abandonou para iniciar Arquitectura. Rematou a carreira en 1971. Tamén aprendeu a traballar o ferro na Escola de Artes y Oficios. As súas primeiras mostras públicas realízaas en colectivas que teñen lugar na Praza daa Princesa de Vigo, na década dos 70. A súa primeira exposición individual tivo lugar en 1970 na Sala de Turismo de Pontevedra.


​Antón Castro: "Supón unha ligazón entre a identidade máis antiga da vangarda histórica galega e a actualidade"


Instalado definitivamente en Pontevedra, en 1976, comeza unh particular relación coa cidade, a medio camiño entre o amor e o odio, que marcará profundamente a súa carreira. En 1980 participa activamente nas experiencias do colectivo Atlántica, grupo ao que tamén pertencen Menchu Lamas, Antón Lamazares, Antón Patiño, Din Matamoro, Berta Álvarez Cáccamo e Ánxel Huete, entre outros, e que terá unha influencia moi importante na renovación da arte galega. Cando os integrantes de Atlántica comezan a desenvolver traxectorias independentes, Moldes elixe seguir traballando en Pontevedra no canto de vincularse a circuitos artísticos de grandes cidades.

Aquí fíncase coa súa dona, May, coa que ten dous fillos, Manoel e Iria. E aquí é tamén onde decide involucrarse na formación de novos artistas. Faino como mestre na facultade de Belas Artes, onde exerceu dende 1995 ata a actualidade.

CAMIÑO PROPIO. "Manuel Moldes es un tipo fundamental en la historia del arte gallego y en la historia del arte español", di o crítico Miguel Fernández-Cid. "Ante todo es un pintor que siempre tuvo clarísimo que quería buscar un camino propio. Se trasladó a Madrid buscando el contacto con lo contemporáneo y después decidió volver a Pontevedra para trabajar desde aquí. Así fue cómo empezó a traspasar todos sus intereses y referencias al lienzo, para acabar dando unha visión de Pontevedra tremendamente crítica y al mismo tiempo marcada por una ternura y un cariño extremos".


Miguel Fernández-Cid: "A Manolo le dolía Pontevedra. La suya no era una visión idílica. Sufrió como pocos su cariño hacia la ciudad"


Para o crítico, a relevancia de Moldes é indisticuble. "Para mí es clave la manera en la que él supo construir su propio lenguaje. Yo nunca diría que Manolo Moldes es un cronista de Pontevedra. Con el tiempo se entenderá que su grandeza va más allá y que su pintura es espléndida". Fernández-Cid afi rma que a pintura deste artista precisa dunha dixestión lenta porque está chea de matices e referencias máis alá do evidente.

Destaca tamén a súa conexión con autores clásicos como o mesmo Castelao. "En la pintura de Manolo hay un amor por lo rural, por la ría... Pero jamás desde una mirada complacida. Es como César Vallejo cuando escribía poemas sobre la Guerra Civil española. A Manolo le dolía cómo se transformaba Pontevedra. La suya no era una visión idílica. Manolo sufrió como pocos su cariño hacia su ciudad. Pero todo eso supo traducirlo a una pintura maravillosa".

No ano 2005 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega das Belas Artes. As súas obras forman parte das coleccións de Abanda, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo de Pontevedra, entre outras institucións. "Moldes sobrepasa con moito o ámbito galego", explica Antón Castro. "É un dos grandes renovadores da pintura dos anos 80".
 

Comentarios