Opinión

A montaña rusa do Ive

A NORMATIVA fiscal en España é como unha montaña rusa. Parece como se os cambios se fixeran por antollo. O do imposto do valor engadido (Ive) é o último caso. O equipo do ministro Montoro acordou rebaixar do 21% ao 10% o que se aplica aos espectáculos culturais e taurinos que sexan en vivo. Discrima ao cine e a música gravada, que van seguir ao tipo máximo. Como diría o viral Mourinho, por que? A adopción destes cambios invita a outra reflexión. Por que o Goberno mantén ao 10% a carne, o pescado e o aceite?, cando os produtos de primeira necesidade (pan, leite ou verduras) teñen o 4%. Acaso estes non o son?

Comentarios