Imprimir

Montserrat eloxia a Feijóo: "Es o faro de Galicia e de moitos"

Europa Press | 14 de mayo de 2019

Montserrat con Tellado y Feijóo, en Vigo. SALVADOR SAS
Montserrat con Tellado y Feijóo, en Vigo. SALVADOR SAS

A candidata do PP ao Parlamento Europeo, Dolors Montserrat, eloxiou este martes ao presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a quen se referiu como "o faro de Galicia e de moitos", nun acto sectorial sobre pesca celebrado en Vigo. 

Dolors Montserrat súmase así ás voces 'populares' que eloxian o político galego pola súa xestión nunha terra que "dá envexa", unha comunidade na que o PP, pese ao baixón xenralizado nos resultados electorais do 28 de abril, foi na que, comparativamente, mellor resistiu este partido. 

As gabanzas de Montserrat a Feijóo prodúcense a pesar das diferentes visións que ambos os dous manifestaron publicamente sobre a foto de Colón, que reuniu a Pablo Casado, Albert Rivera e Santiago Abascal. Así, mentres Feijóo respondeu cun "depende" á pregunta de se a participación do PP nese acto fora un erro, Dolors Montserrat defendeu que foi un "exercicio de liberdade" e grazas a esa manifestación o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "cedeu e convocou eleccións". 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/montserrat-eloxia-feijoo-es-faro-galicia-moitos/201905141346091034970.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)