O concello de Moraña idea unha cabalgata "segura" e sortea vales de compra

O percorrido comezará ás 17.00 horas do 5 de xaneiro e sairá dende o Campo de Lebón
O alcalde durante o sorteo. DP
photo_camera O alcalde durante o sorteo. DP

O Concello de Moraña celebrará a súa cabalgata de Reis o vindeiro martes 5 de xaneiro cun percorrido por todas as parroquias e diversos cambios para facela "segura". Así, o pasarrúas das súas Maxestades estará formado por tres carrozas e contará cunha cifra moi reducida de participantes no canto das 150 persoas habituais. O percorrido discorrerá dende as 17.00 horas dende o Campo de Lebón, pola Alberguería, igrexa de Saiáns e de Rebón. Soar, Cosoirado, capela dos Milagres de Amil, Casa Giao, Paraños, Molina-Alende, Bouza, Santa Xusta, Trambosríos, Penagrande, Pumariño, Souto e Santa Lucía.

O Concello realizou tamén o sorteo de vales de compra para o comercio local, que contou coa colaboración da Deputación, no marco da campaña Moraña Actívase. En total, repartíronse 12 vales de 50 euros cada un, que deben recollerse na Casa da Cultura ata o 9 de xaneiro. Resultaron premiados José Silva (por unha compra realizada en Casa Giao), Óscar Torres (Electrodomésticos Moraña), Juan (Café Vi Sports), Abel Barros, Miguel Becerra (Bar Congo), Ana Ferradás (Floristería Rosalía), Trini Costa (Casa Marcial), Loli (Perruquería Luz Domínguez), Mercedes Campos (Bar Sergio) e Pili (Supermercado Día), mentres que os dous beneficiarios polo certame das redes sociais son Irene Monteagudo e Rosa María García.

Comentarios