Tres persoas resultan feridas en Vilagarcía ao producirse unha colisión entre tres vehículos

Na Pobra do Caramiñal un motorista presentou danos graves ao chocar contra un turismo

Ambulancia. EP
photo_camera Ambulancia. EP

En Vilagarcía, tres persoas resultaron feridas de carácter leve ao producirse unha colisión por alcance entre tres turismos que circulaban á altura do Centro Comercial Arousa.

Tras ser alertados polos servizos sanitarios de urxencia, os xestores do 112 Galicia informaron decontado á Policía Local, aos Bombeiros e aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias, que confirmaron o traslado dos tres feridos ao centro hospitalario de referencia.

Ferido grave na Pobra do Caramiñal
Un choque entre unha moto e un coche deixou unha persoa ferida grave no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

O accidente produciuse dez minutos antes das 12.00 horas deste mediodía. Foi, a esa hora, cando varios particulares informaron ao 112 Galicia dun accidente grave entre un coche e unha moto na Rúa de Gasset, diante da Casa da Cultura da localidade.

Tamén persoal sanitario, debido á gravidade da situación, comunicou ao 112 a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomou terra no Porto. Desde alí, o equipo médico  trasladouse ata o lugar onde se atopaba o ferido e, unha vez no punto, o motorista foi evacuado en ambulancia ata o lugar onde aterrara a aeronave.

O ferido foi evacuado na aeronave ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia trasladáronse ata o lugar do sinistro, os axentes da Policía local, os Bombeiros de Ribeira e os efectivos de Protección Civil.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Saída de vía de autocaravana
Por outra banda, sobre as 12:15 horas, o 112 Galicia era informado dunha saída de vía dunha autocaravana que circulaba pola AP-9, ao redor do punto quilométrico 43, dirección Sur, á altura da localidade de Ordes.

Afortunadamente, ningún dos ocupantes resultou ferido.

Tras recibir a alerta dun particular, o 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Ordes e a Protección Civil. De igual xeito, informouse aos servizos sanitarios de urxencia e ao persoal do servizo da Autoestrada.

Comentarios