Un gran mural que será debuxado na rúa Eduardo Pondal, nas proximidades da ponte da avenida de Vigo, converterase na actuación máis relevante de todas as que o Conxello de Pontevedra ten previsto impulsar co gallo da celebración do Ano María Victoria Moreno.
O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou este mesmo luns as iniciativas, que se desenvolverán antes de rematar o vixente ano.
O mural, deseñado pola artista Tania Solla e cuxa execución correrá a cargo de Polo Correo do Vento, comezará a pintarse o vindeiro 14 de outubro. Nos días previos procederase á limpeza da parede e á colocación da andamiaxe necesaria para realizar a intervención artística.
Alberto Oubiña, durante a presentación dos actos en homenaxe a María Victoria Moreno. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
MÁIS ACTUACIÓNS. Ademáis, e segundo informou Oubiña, a docente, escritora e activista da lingua –"e pontevedresa por elección"– recibirá homenaxes a través doutras iniciativas.
Uncha delas terá lugar o 22 de novembro, cando se editará unha tirada de selos de correo para coleccionistas con motivo do 13º aniversario do falecemento de María Victoria Moreno.
O Concello agasallará cun selo ás distintas administracións implicadas no Ano María Victoria Moreno, a institucións como a RAG, á familia da docente e escritora e aos centros sociais da cidade. Ademais as persoas interesadas en facerse cun selo conmemorativo poderá solicitalo no terceiro andar do Concello –un por persoa– previa presentación do DNI.
Tamén levaranse a cabo dous obradoiros infantís de contacontos ilustrados sobre a figura da escritora, que terán como escenarios o Local Social Centro Leste e a Casa da Cultura de Monte Porreiro
Por último, o Concello comprará e distribuirá 500 exemplares dunha biografía de María Victoria de Joanne Lorenzo, con ilustracións de Tania Solla. O Concello distribuirá os exemplares nos centros de ensino e centros sociais e culturais da Boa Vila