Pontevedra

Nova campaña de #PonteLovers para poñer en valor o comercio seguro e de proximidade

A plataforma #Pontelovers pon en marcha unha nova campaña que inclúe o lanzamento dun vídeo promocional e a distribución de diverso material de merchandising para fomentar e poñer en valor o comercio seguro e de proximidade. "Os establecementos comerciais e hostaleiros de Pontevedra volveron responder de xeito exemplar nesta nova normalidade marcada polas medidas de prevención contra a Covid-19", afirma aq Concellería de Promoción Económica e Turismo, que vén de impulsar tamén un programa de talleres gratuítos para autónomos, emprendedores e pemes.
Comentarios