A nova rúa da Santiña será de prioridade peonil

O Concello pretende con este proxecto, que tendrá un investimento de 1,2 millóns, "estender o modelo de calidade urbana a todo o barrio do Burgo"
Trabajos de asfaltado en la Rúa Santiña, hace algunos años. ALBA SOTELO (ADP)
photo_camera Traballos de asfaltado na rúa da Santiña, hai algúns anos. ALBA SOTELO (ADP)

A rúa da Santiña terá "moi probablemente" unha plataforma única no seu trazado na que o peón terá prioridade. Así o anunciou este xoves o concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, quen tamén especificou que o viario "completará a trama urbana do Camiño de Santiago".

O edil presentou ante a veciñanza o proxecto, así como os obxectivos do plan de necesidades que o Concello lle presentará ao equipo de Arquitectura que gañe o proxecto.

Para estes traballos, o Concello, prevé un investimento aproximado de 1,2 millóns de euros.

En canto ao obxectivo de priorizar a mobilidade peonil, Demetrio Gómez adiantou que "o máis probable é que a rúa teña plataforma única en boa parte do seu trazado".

Tamén fixo fincapé na intención de completar a trama urbana do Camiño de Santiago, atendendo tanto á súa importancia patrimonial e histórica como á súa impronta económica, asegurando que "se tranta dun dos nosos elementos patrimonias máis importantes e que ademais xera postos de traballo e riqueza na cidade".

Por último, a reforma desta rúa tamén permitirá estender o modelo urbano aos barrios da cidade, neste caso concreto ao barrio do Burgo, o que implicará, ademais da máxima calidade urbana en todo o barrio en xeral, a creación de zonas de estancias no barrio.

Esta intervención, explicou Gómez, tamén dará "unha solución de continuidade e sen transición brusca entre a zona urbana e a parte da rúa da Santiña que ten unha configuración máis rural".

O BURGO. "Neste mandato, que queremos que sexa o mandato dos barrios, estase facendo un esforzo moi importante no barrio do Burgo", continou o edil nacionalista.

Neste sentido, citou a intervención que se está realizando na Ponte do Burgo e que asegurou que "vai servir para facer unha boa conexión peonil entre o barrio e a cidade", así como a reforma da avenida da Coruña que actualmente está en contratación, a reordenación do tráfico no barrio de acordo coa veciñanza, e a inclusión dunha das liñas de transporte público que se pactou co Xunta para que dea servizo ao Burgo por ser "un barrio moi populoso e no que algunhas zonas xa quedan algo alonxadas da cidade" asegurou.

Comentarios