Imprimir

Novos Valores 2020 inaugúrase cunha "volta ao próximo" pola pandemia

Sara Vila | 16 de octubre de 2020

Ganadores do certame, xunto a César Mosquera e o director do Museo, Xosé Manuel Rey. BEATRIZ CÍSCAR
Ganadores do certame, xunto a César Mosquera e o director do Museo, Xosé Manuel Rey. BEATRIZ CÍSCAR
O Museo inaugura a mostra de creadores noveis coa participación de 21 artistas

O Museo de Pontevedra inaugurou este xoves unha nova edición da mostra Novos Valores, resultante do certame artístico para creadores noveis co mesmo nome. Deste xeito, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e o director do Museo, Xosé Manuel Rey, presentaron unha exposición marcada pola pandemia, "a sensación de fraxilidade, a presencia da dor, a renuncia á universalidade e unha volta ao próximo, a revalorización do traballo artesán, a reciclaxe e a necesidade de aproveitar os materiais existentes na casa", tal e como explicou Rey.

Nesta ocasión, o certame limitouse a creadores menores de 35 anos, para fomentar o talento mozo, e primouse a calidade das obras fronte á calidade na súa exposición. A mostra estará aberta ata o vindeiro 15 de novembro e amosa as obras de 21 artistas que se presentaron ao certame, no que resultaron gañadores dunha bolsa os artistas Andrea Dávila Rubio, Nuria Rodríguez Figueiredo, María del Mar Ramón Soriano, e Alejandro Rego Díaz.

Os premiados foron Andrea Dávila Rubio, Nuria Rodríguez Figueiredo, María del Mar Ramón, e Alejandro Rego Díaz

Na apertura da exposición, todos eles explicaron as súas obras. Andrea Dávila Rubio contou que a súa peza I wish you'd rub your quills against my stomac sitúase dentro do seu proxecto de investigación doutoral na Universidade de Vigo de estudo do corpo e a súa percepción e da "pel como lugar de encontro co outro, co estraño". Afirmou que utilizará a bolsa de estudos para a súa estadía como Visiting Junior Scholar no Boston College durante os meses de xaneiro a xuño de 2021.

Nuria Rodríguez Figueiredo asegurou, pola súa banda, que a súa obra Voltar é unha homenaxe á infancia, definíndose a si mesma como «unha persoa nostálxica cuxas narrativas son oníricas e fragmentadas». A súa bolsa de estudos estará destinada a participar nos cursos monográficos da Escola de Cerámica La Bisbal en Girona, así como a financiar a produción de obra.

María del Mar Ramón Soriano falou de Homeworks. 58h 35 min como un proxecto que fala do tempo e as relación dos obxectos de uso doméstico e do corpo. "Os obxectos que hai no fogar son estéticos, calquera cousa por pequena que sexa é un campo de posibilidades", subliñou. Ademais, explicou que durante a corentena mudou o concepto de tempo que se manexa socialmente ao estar recluídos no fogar, un lugar no que manifestou traballar a gusto por ser para ela "un espazo de refuxio". En canto á finalidade da bolsa, asegurou que servirá para financiar varias exposicións apalabradas e para seguir desenvolvendo o seu proxecto baseado no diálogo da cerámica cos obxectos cotiás.

[Gañadores do certame, xunto a César Mosquera e o director do Museo, Xosé Manuel Rey. BEATRIZ CÍSCAR] Sexto edificio. Presentacion novos valores.

Finalmente, Alejandro Rego Díaz, destacou que Representación nº3. La mano del artista é a continuación dunha serie que estuda a pintura e a fotografía como medios de representación da realidade e como disciplinas que se relacionan entre si. Subliñou o seu interese en descontextualizar detalles de obras que toma como referencia para recontextualizados cun novo significado ao xuntalas entre si. Rego destinará a bolsa a continuar os seus estudos de fotografía, pero tamén manifestou o seu interese en financiar unha viaxe formativa que lle permita un cambio de rexisto ao variar a súa contorna.

Todos eles recibiron unha bolsa de 7.500 euros cos que poder seguir formándose. Deste xeito, duntro dun ano participarán noutra mostra do Museo para amosar os seus coñecementos despois deste tempo.

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, destacou que Novos Valores é un alicerce para potenciar as habilidades da xente moza, destacando que as administracións públicas deben facer os máximos esforzos por axudar ao sector da creatividade.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/novos-valores-2020-inaugurase-volta-ao-proximo-pola-pandemia/202010161428061108315.html


© 2020 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)