El amor también se liquida con un buen cheque

Paul McCartney y su ex mujer Heather Mills
photo_camera Paul McCartney y su ex mujer Heather Mills

Unha revista recolle os 10 divorcios máis caros dos famosos, onde Abramovich ten o récord ao pagar 7.000 millóns a Irina
 
Nesta listaxe hai un claro vencedor (ou perdedor, segundo por onde se mire): o multimillonario ruso Roman Abramovich, que, dependendo das fontes consultadas, pagou entre 6.000 e 7.000 millóns de euros a Irina. A cifra era, por entón, algo menos da metade do patrimonio de Abramovich, que naqueles días fora cifrado por Forbes en 16.000 millóns de euros.

Moi lonxe do dono do Chelsea,a lista dos finiquitos de amor máis célebres continúa coa ruptura de Neil Diamond e Marcia Murphy, cuxos 25 anos de convivencia conxugal foi cifrada por un xuíz en 125 millóns.

Outros ricos, famosos e divorciados
O último posto no podio do ránking correspóndelle ao mito vivente do baloncesto, Michael Jordan. O deportista, cunha fortuna estimada en 237 millóns, pagou a Juanita Vanoy nada menos que 100 millóns logo dunhas duras, pero bastante discretas, negociacións.

Do cuarto ao sétimo posto están catro magnates de Hollywood: Steven Spielberg (pagou 74 millóns a Amy Irving), Harrison Ford, Kevin Costner (estes dous perderon 62 millóns coa separación) e James Cameron (que tivo que abonarlle a Linda Hamilton 37,5 millóns e soportar o escarnio do cuxé, xa que o abandonou porque se namorara dunha muller).

En oitava posición das liquidacións de amor está Paul McCartney, ao que Heather Mills reclamaba 156 millóns, pero que o xuíz rebaixou a 30. Pola súa banda, a Lionel Richie custoulle a súa ruptura coa nai de Nicole 14 millóns. Finalmente, pecha a listaxe Mick Jagger, que pagou aproximadamente 13 millóns a Jerry Hall.

Tan só falta saber en que posto entrará Madonna no ránking.

A outra conquista de Hamilton é Nicole.
Ademais de gañar in extremis o campionato mundial de Fórmula Un, o inglés Lewis Hamilton presumiu doutra conquista, a de Nicole Scherzinger, que saltara á fama como vocalista de Pussycat Dolls. Nada máis gañar o título, Hamilton bicou a súa moza, que viu a carreira no box de McLaren animando o seu mozo ao berro de “veña baby,
veña baby”.
A pesar de ter tan só 23 anos, o piloto xa conquistou o carazón doutras mulleres impresionantes como Cemre Mirel ou Sara Ojjeh.

Comentarios