O Concello interpón un recurso contra a multa de Patrimonio polo asfaltado de Barcelos

Interpuxeron un requirimento que non foi contestado
Trabajos de mejora de la accesibilidad en la Praza de Barcelos. DP (Pontevedra)
photo_camera Obras na Praza de Barcelos. DP

O Concello de Pontevedra interpón un recurso contencioso-administrativo por silencio administrativo contra a multa da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia de 2.500 euros polo asfaltado dun tramo da praza de Barcelos.

Patrimonio obrigaba ao Concello a restituir as obras realizadas no treito de rúa inmediato ao muro da Horta da Igrexa e o Convento de Santa Clara e devolvelas ao seu estado incial.  

O Concello expón que presentou un requirimento de anulación da resolución e que, transcorrido máis dun mes, a Administración requerida non contestou, polo que se entende que a rexeita por silencio administrativo. 

A valoración das obras de reposición foron valoradas en 32.600€. 

Comentarios