El mejor peinado, el de Peiteado

Os mozos Patricia Peiteado e Pietro Ditano foron escollidos pola coñecida marca de productos capilares Pantene polo seu cabelo sá, forte e brillante entre máis de 150 participantes. Un xurado formado polos Analistas do Cabelo do concurso seleccionou aos finalistas de Galicia da décima edición de Pelo Pantene.

Patricia é unha moza compostelá de 24 anos que deslumbrou ao público asistente pola súa gran melena morena. Pola súa banda, Pitro Ditano conquistou ao xurado coa súa alegría, espontaneidade e por ter un dos pelos máis saudables de Galicia.

Patricia Peiteado e Pietro Ditano, xunto cos demais participantes someteronse a probas de última xeración, entre as que destacan: un microvisor, unha micro cámara capilar, ademais de outras novidades de análise, como unha lupa e unha luz especial.
 
Este ano, centos de seleccionados participarán nos castings das diferentes cidades que terán lugar entre outubre e novembro. Os gañadores finais do concurso serán a imaxe da marca Pantene Pro-V e obterán un premio en metálico de 6.000€ cada un.

Comentarios