O Pontevedra anuncia as catro primeiras fichaxes e dúas renovacións

Chegan Adrián León, David Castro, Jon Etxaniz e Marcos Álvarez e amplían o seu contrato Edu Sousa e David Añón
David Castro, no centro da imaxe, durante un partido desta temporada co Céltiga
photo_camera David Castro, no centro da imaxe, durante un partido desta temporada co Céltiga

O Pontevedra Club de Futbol fixo oficial este mesmo luns a contratación de catro xogadores -as catro primeiras caras novas do equipo- que pasarán a engrosar o seu primeiro plantel.

Trátase do dianteiro Jon Etxaniz, chegado do Gernika; o estremo dereito Marcos Álvarez, que o pasado curso actuou no Boiro; o lateral esquerdo David Castro, procedente do Céltiga; e o central Adrián León, procedente da Unión Deportiva, Logroñés.

Marcos Álvarez é un extremo de 29 anos que procede do CD Boiro, co que a pasada campaña militou no grupo I da Segunda División B, categoría na que tamén vestiu as camisetas do Racing de Ferrol, Cultural Leonesa e Coruxo.

Álvarez asina por unha tempada, do mesmo xeito que o dianteiro Jon Etxániz, quen procede da SD Gernika, co que marcou 13 goles no grupo II da categoría de bronce do fútbol español. Anteriormente militara en clubs como o Leioa, Tudelano, Barakaldo ou no filial do Athletic Club.

David Castro, pola súa banda, procede do Céltiga da Terceira División e ocupará unha das fichas sub-23 que esixe ter a Federación Española de Fútbol. Ten 21 anos e xa militara no equipo granate na súa etapa como xuvenil. Do mesmo xeito que os outros dous reforzos comprometeuse co Pontevedra ata xuño de 2018.

O cántabro Adrián León procede da Unión Deportiva Logronés. O mozo, de 27 anos, tamén militou no Avilés.

RENOVACIÓNS. Á súa vez o Pontevedra tamén alcanzou un acordo para prolongar a relación contractual que o une ao porteiro Edu Sousa e o mediapunta David Añón

Ámbolos dous ampliaron o seu vencellamento co PCF por unha temporada máis.

Comentarios