Ondas de catros metros no litoral, choiva e temperaturas sen cambios, este domingo

As precipitacións concentraranse pola mañá

Las lluvias ya obligaron a hacer uso del paraguas este jueves. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera A choiva irá cesando co paso da xornada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Ondas de 4 metros en zonas do litoral, choivas matinais e temperaturas sen cambios, son algunhas das notas do tempo previsto para este domingo, por Meteogalicia.

O instituto meteorolóxico prevé que unha fronte atravese Galicia durante a mañá do domingo deixando ao seu paso precipitacións de auga e forte vento, que pola tarde cesarán.

As temperaturas non experimentarán apenas cambios ou ben algunha subida, para situarse nos seguintes valores:

A Coruña 12° 14°
Ferrol 12° 14°
Lugo 10° 14°
Ourense 11° 17°
Pontevedra 12° 16°
Vigo 13° 17°
Santiago de Compostela 11° 14°

Respecto ao mar, prognostica unha depresión de 990 milibares situada sobre as illas británicas e altas presións de 1025 milibares o oeste de Portugal que deixarán ondas superiores a 4 metros de altura a primeiras hora no litoral da Coruña.

Na costa Cantábrica prevé vento do oeste ou noroeste con forza 4 a 7 durante o día, con forte marusía ou mar grosa, visibilidade regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4,5 metros.

En Ferrol-Bares haberá vento do oeste a nordés con forza 4 a 6, forte marusía, visibilidade regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 5 metros.

En Ártabro prevé vento do noroeste a oeste con forza 3 a 6, forte marusía, visibilidade regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de até 3 a 5 metros.

Na costa da Morte prognostica vento do nordés virando a norte con forza 3 a 5, forte marusía, visibilidade regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 5 metros.

Por último, nas rías Baixas espera vento do suroeste virando a noroeste de tarde con forza 4 a 6 para remitir a 2 0 3 de tarde, con forte marusía, visibilidade mala e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4,5 metros.

Comentarios