A cidade de Pontevedra acolle esta fin de semana unha das citas máis agardadas no calendario deportivo da cidade: o novedoso campionato Protour Pontevedra 2019, unha competición na que os mellores 40 triatletas masculinos e femininos do Estado compiten entre si nunha proba superspring.
Da man das federacións española e galega de Tríatlon, o Concello agarda volver vivir dúas emocionantes xornadas de competición que implican a posta en marcha dun operativo especial de tráfico na zona Norte da cidade, limitado ao ámbito da avenida de Compostela, ao campus universitario e á avenida de Bos Aires e o seu entorno. A pesar do operativo, non se vai limitar a mobilidade nin peonil nin do tráfico rodado en ningún momento.
Está previsto que a incidencia no tráfico sexa moito menor, ao coincidir o Protour e o Campionato de España Tríatlon Contrarreloxo en fin de semana.O que si hai son restriccións de estacionamento. As primeiras comenzaron este xoves a partir das 22.00 horas na avenida de Bos Aires (entre a ponte dos Tirantes a ponte das Palabras) e na rúa Enxeñeiro Rafael Areses. Neste último caso é porque, ao cadrar a feira en sábado festivo, trasládase para este venres. Polo tanto, o estacionamento nesta rúa queda prohibido ata o domingo 13 ás 20.00 horas.
Máis polo miúdo, este venres queda prohibido o estacionamento a partir das 22.00 horas nas rúas avenida Bos Aires (entre a Ponte de Santiago e a Ponte dos Tirantes), no aparcadoiro do Recinto Feiral, en Alexandre Bóveda, Enxeñeiro Rafael Areses, Avenida Compostela (completa), Celso Emilio Ferreiro e no Campus Universitario.