O festival Osa do Mar segue desvelando as bandas que compoñerán o seu cartel. Este martes, a organización confirmou un novo nome: The Bots, un dúo californiano de punk blues formado polos irmáns Mikaiah e Anaiah Lei.
A banda, en activo desde 2011, só estivo unha vez na Península. Foi no 2013, cando actuaron nos escenarios do Primavera Sound e o Bilbao BBK. Polo momento, a do Osa do Mar é a única data confirmada en Europa do grupo californiano.
Con este, xa son seis os grupos confirmados para o Osa do Mar deste ano, que terá lugar o 18 e 19 de agosto. Ademais de The Bots, actuarán na Marosa Ángel Stanich, os cataláns Cala Vento, Banana Bahia Music, Rufus T. Firefly e os cordobeses Viva Belgrado.
As entradas xa están á venda na web do Osa do Mar a 12 euros (oferta de lanzamento).