Imprimir

Perde a vida un motorista de 26 anos ao sufrir unha caída en Vigo

Europa Press | 13 de Mayo de 2019

Dirixíase ao Monte Alba

Un motorista de 26 anos perdeu a vida este domingo despois de sufrir unha caída co seu vehículo na parroquia viguesa de Valladares mentres se dirixía ao Monte Alba. Os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos a través da chamada dun veciño ao redor das 15.30 horas. 

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informaron os axentes da Policía Local e aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que nada puideron facer por salvar a vida do novo. 

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o falecido é un mozo de 26 anos veciño da parroquia viguesa de Beade. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/vigo/perde-vida-motorista-26-anos-ao-sufrir-caida-vigo/201905130917161034793.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)