Caldas/Deza

O persoal do CPI Alfonso VII de Caldas manda unha mensaxe de ánimo ao alumnado

O  persoal do centro educativo Alfonso VII de Caldas de Reis quixo animar ao seu alumnado nestes "días duros de confinamento", enviándolles "unha mensaxe de cariño e desexos de volver velos pronto". Para isto elaboraron unha videomontaxe "feita na casa", onde cada un se gravou ao son da peza Vivir de Rozalén e Estopa, intentando transmitir "positividade e alegría ante a adversidade".

Comentarios