A Policía Local de Poio fórmase no uso de radares para incorporar o Veloláser

Salienta que se trata dun equipo "moi versátil" que se pode colocar nun trípode ou levar nun vehículo
Axentes da Policía Local de Poio, co radar. FACEBOOK
photo_camera Axentes da Policía Local de Poio, co radar. FACEBOOK

Os integrantes a Policía Local de Poio participaron esta semana nun curso impartido por técnicos en radares, que serviu para ampliar coñecementos agora que o aparato de medición Veloláser vai formar parte do equipo de traballo do corpo.

A Policía salienta que se trata dun equipo "moi versátil" que se pode colocar nun trípode ou levar nun coche ou nunha moto, e conta cun lector de placas de matrículas.

"Esta formación trata de dar resposta a varias peticións de veciños que solicitan que se poña o radar para reducir a velocidade en diferentes puntos do concello", asegura o corpo, convencido de que o novo sistema contribuirá a reducir os accidentes.

Axentes da Policía de Poio, na actividade formativa. FACEBOOK