O Pontevedra mantén intactas as súas opcións de play-off

A vitoria nas últimas xornadas e un triunfo do Castilla en Bouzas daríalle o pase aos granates ▶ Os de Luismi non dependen deles, pero terían opcións mesmo de ser subcampións

Kevin Presa podería volver a xogar esta semana. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Kevin Presa podería volver a xogar esta semana. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As dúas derrotas consecutivas do Pontevedra a domicilio contra o Unión Adarve e o Las Palmas Atlético arrebatáronlle o privilexio de depender del mesmo para clasificarse para a promoción de ascenso nas últimas xornadas.

O ambiente de pesimismo que parece rodear ao bloque de Pasarón despois dos resultados máis recentes atopa contrapunto coas súas verdadeiras posibilidades de meterse entre os catro primeiros clasificados. Con toda a vantaxe que perdeu en quince días, o once preparado por Luismi ten moitas opcións de alcanzar a cuarta praza se consegue os dous triunfos nas últimas xornadas contra o Atlético de Madrid B e o Real Madrid Castilla.

Clasificación Segunda División B jornada 37A fórmula, aparentemente máis sinxela, desde un punto de vista deportivo e matemático, para que o PCF sexa cuarto pasa por un triple empate a 65 puntos co Castilla e a Cultural. Iso obrigaría ao triunfo contra o filial branco, ademais de contra o Atlético de Madrid o domingo, e implicaría tamén dous triunfos dos leoneses no esprint final da Liga, así como a vitoria do Castilla en Bouzas.

O Pontevedra veríase favorecido nas igualadas co Castilla, pero nun empate a soas coa Cultural sairía prexudicado, polo que, paradoxicamente, pode convirlle o triunfo do filial a próxima fin de semana.

Na ecuación tamén poden incluirse outros adversarios. E é que, aínda que o máis sinxelo para o Pontevedra é cazar ao Castilla e a Cultural, tamén podería pillar á Ponferradina e mesmo ao Atlético B.

Sempre sobre o suposto de que venza os dous partidos, o Pontevedra meteríase no play-off se o Atlético B empata na última xornada contra Las Palmas Atlético. Nese caso, tódolos hipotéticos empates que se poderían producir a 65 puntos (ata de cinco bloques) serían beneficiosos para o Pontevedra.

O equipo de Pasarón tamén podería superar á Ponferradina, aínda que para iso os bercianos deberían sumar un punto, como máximo, nos partidos que lle faltan contra Fuenlabrada e Adarve.

De tal maneira, nunha rocambolesca combinación, o Pontevedra mesmo podería ser segundo de grupo.

Pero ademais, os granates poderían conservar opcións de meterse na última xornada se non gañan contra o Atlético B. Para iso, precisan que o Castilla non mellore o seu resultado na próxima xornada e, para depender del mesmo, que a Cultural logre o mesmo resultado cos brancos.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios