Imprimir

Os criterios que manexa o Pontevedra na súa política de renovacións

Diario de Pontevedra | 16 de junio de 2019

Ao fondo, os xogadores granates celebrando o gol da vitoria contra o Real Madrid Castilla na última xornada da Liga. ADG-MEDIA
Ao fondo, os xogadores granates celebrando o gol da vitoria contra o Real Madrid Castilla na última xornada da Liga. ADG-MEDIA

O club granate manexa outros criterios, ademais do rendemento nos partidos de Liga da pasada temporada, na súa política de renovacións. Ten en consideración as lesións como atenuantes e valora a implicación e a conduta persoal

A implicación no proxecto, a profesionalidade, a conducta dos deportistas a nivel interno ou as lesións, como atenuantes, son elementos que o Pontevedra tivo en consideración na súa política de ofertas de renovación aos xogadores aos que pretende manter no seu plantel.

O club de Pasarón non só tivo valorou os minutos e partidos disputados polos seus futbolistas ao longo da temporada 2018-19, senón tamén outros elementos que serviron para definir que deportistas disporían unha proposta de continuidade. A meirande parte delas están xa traducidas en acordos de renovación.

A institución apostou por unha gran cantidade de deportistas que formaron parte do bloque de suplentes habituais. E nese senso, a implicación deses profesionais co equipo e a entidade foi un valor tido en consideración. Así, Lupe Murillo, presidenta granate, mantén a súa gratitude con Adrián Mouriño e Álex Fernández, xogadores nos que confía especialmente desde que na campaña 2017-18 demostraron o seu compromiso co Pontevedra Club de Fútbol, durante a pelexa do once de Pasarón pola permanencia na Segunda División B.

A estabilidade do grupo humano, a profesionalidade nos seus diferentes roles Capturae a importancia dentro do vestiario de homes como Alberto Campillo ou Jesús Berrocal provocaron que ámbolos dous contasen dentro dos plans da entidade unha temporada máis, a pesar de que o central vigués foi o terceiro central en discordia e o cordobés actuou durante todo o exercicio nunha demarcación que non era a súa.

A lesión de gravidade de Javi López, un contratempo que xeralmente dificulta as posibilidades de que un deportista continúe nun club, non parece impedimento para que o futbolista malagueño vaia seguir vestindo a camiseta granate.

Por suposto, o esqueleto dos titulares tamén ten forza no Pontevedra. Víctor Vázquez, Nacho López, Adrián León e Álex González son prioridades no club de Pasarón, que tamén lle expresou a Kevin o seu desexo de contar con el para o próximo curso, aínda que aínda non lle realizou ningunha proposta en firme.

Ao final, a participación dos deportistas, a titularidade nos encontros de Liga e a relevancia nos plans do adestrador, Luismi, neste caso, non tiveron tanto peso nas ideas do club pontevedrés como a aposta seria e firme pola continuidade da estrutura deportiva do pasado curso.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deporte-local-pontevedra/pontevedra-non-discrimina/201906161801151039821.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)