2-2. O Pontevedra tense que contentar co empate ante o Ínter de Madrid

O club granate afástase das prazas de promoción de ascenso tras un partido condicionando por unha mala arbitraxe

Los jugadores del Pontevedra se quejan ante el colegiado por la expulsión de Álex Fernández. DAVID FREIRE
photo_camera Los jugadores del Pontevedra se quejan ante el colegiado por la expulsión de Álex González. DAVID FREIRE

O Pontevedra empatou (2-2) nun partido feo e condicionando por unha mala arbitraxe e afástase das prazas de promoción de ascenso

Na primeira parte, o equipo granate perdeu a batalla no centro do campo ante un rival ben ordeado. Con dificultades para trenzar xogadas e con moitas perdas de balón, o Pontevedra perdeu terreo ata encaixar o 0-1 nun saque desde o curruncho no que un erro de marcaxe lle permitiu a Fran Morante cabecear libremente na área pequena e bater a Edu. 

Era o minuto 32 e pouco despois Romay igualou cun dobre remate que primeiro interceptou un defensa coa man e en segunda instancia entrou mansamente na meta de André

Nada máis empezar a segunda metade Álex González foi expulsado por un rigoroso segundo cartón amarelo.

O acoso do Internacional e a sucesión de ocasións non se traduciu no marcador e o Pontevedra foi quen de darlle a volta ao resultado despois dun saque desde o curruncho que Álvaro Bustos remachou en posición acrobática despois de varios rexeites

Sen embargo, no treito final, un novo erro de Edu nun desexe permitiulle a Rafa Mella marcar cun lanzamento sutil no minuto 90 que deixou frío a Pasarón e puxo o 2-2 final

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios