Vídeos

Pontevedra segue facendo música na casa

Dentro do proxecto #Eufagomúsicanacasa, o Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra vén de publicar o vídeo que recolle o resultado do seu último reto: poñer letra a composicións de música clásica. Súmase aos xa realizados sobre bandas sonoras, o repertorio de Queen, a música dos 80 en España, mulleres compositoras e artistas e música galega.
Comentarios