Pontón apela a facer "historia" para lograr "confinar" ao PP na oposición

"Xogámonos o futuro, cambiar o rumbo dun país que nos están esnaquizando", expuxo a candidata á presidencia da Xunta
Mitin do BNG en A Coruña. OBLOQUE
photo_camera Mitin do BNG en A Coruña. OBLOQUE

A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, apelou a facer "historia" este domingo para lograr que por primeira vez unha muller sexa presidenta da Xunta e para "confinar ao PP na oposición". 

"Xogámonos o futuro, cambiar o rumbo dun país que nos están esnaquizando", expuxo, instando a acudir a votar o domingo no mitin de peche de campaña na praza de María Pita da Coruña. Nel, pediu "unha gran mobilización" por parte dos que están "fartos" dos "obstáculos" e queren "que esta terra se levante". 

E é que Pontón reclamou o voto para o BNG para "parar os pés a ese PP que cre que ía gañar as eleccións". "Crían, porque hai un PP desencaixado", dixo cuestionando os resultados que prognostican as enquisas e pedindo que se concentre o voto na formación nacionalista. 

"Hai que romper ese caciquismo, con ese proxecto que non representa nada para este país". Fronte a iso, reivindicou a aposta por "unha Galicia con dignidade, con futuro". "Acábaselles o conto de tanta corrupción e tanto abandono", engadiu facendo un especial chamamento aos mozos para que acudan a votar. 

Comentarios