Portas renova o seu camión de recollida de lixo e mellora a rede de saneamento rural

Estas actuacións son posibles gracias a preto de 300.000 euros provintes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
O alcalde e os deputados provinciais posan ante o novo camión recolector de lixo. DP
photo_camera O alcalde e os deputados provinciais posan ante o novo camión recolector de lixo. DP

O Concello de Portas puido adquirir un camión de recollida de residuos sólidos urbanos así como sanear as augas residuais nos lugares de Outeiro, Currás e A Estación grazas a preto de 300.000 euros provintes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Santos Héctor e Manuel González coñeceron de primeira man estas actuacións cunha visita a Portas, onde estiveron acompañados polo seu alcalde, Ricardo Martínez, e o concelleiro Víctor Estévez.

O novo camión recolector de residuos tivo un custo de 134.000 euros, cos que Portas pode continuar prestando un "servizo básico como é a recollida de lixo e cuxo mantemento constitúe unha prioridade", tal e como indicou Santos Héctor na visita. O vehículo conta con carga traseira para a recollida de lixo e gran forza de compactación para realizar este servizo dun xeito máis eficiente. A súa caixa recolectora conta con oito metros cúbicos de capacidade e é completamente estanca, para evitar posibles vertidos nas rúas. Ademais, dispón de sistemas que garanten a seguridade das persoas que a empregan.

En canto á nova rede de saneamento nos lugares de Outeiro, Currás e A Estación, na parroquia de Portas, a obra sufragouse cunha achega de 158.000 euros. Estas actuacións, que se levaron a cabo tanto en estradas provinciais coma no viario municipal, contan con preto de 1,3 quilómetros de tubaxes e inclúen 26 pozos de rexistro e un de bombeo.

O alcalde de Portas sinalou que sin estas achegas "concellos tan pequenos coma o noso non darían feito actuacións como mercar un camión, o alcantarillado ou outras moitas obras que se logran co apoio da Deputación". Martínez destacou que o concello destinará case unha terceira parte das achegas de este plan para o 2021, que ascenden e case 400.000 euros, á contratación de persoal. En palabras do alcalde "estamos nun momento de crise e cremos que resulta convinte favorecer a contratación de xente para traballos que hoxe en día se van a demandar máis coa covid-19". 

Comentarios