O PP pide unha estratexia común para loitar contra os danos que causa o xabaril

Desde el partido no entienden "porque se negan a reclamar en Madrid medidas que son fundamentais para solucionar este problema"
Luis López, deputado polo PP. DP
photo_camera Luis López, deputado polo PP. DP

O grupo provincial do Partido Popular critica a postura que adoptaron o venres o PSOE e o BNG na Deputación de Pontevedra, que, "en lugar de defender os intereses dos concellos e dos veciños da provincia, apostaron por unha postura totalmente partidista e de confrontación política, e votaron en contra de reclamar ao Goberno central e tamén á Xunta de Galicia unha batería de medidas para frear ao xabaril". 

"Non entendemos esta postura, porque se negan a reclamar en Madrid medidas que son fundamentais para solucionar este problema, como por exemplo a declaración de praga", defende o deputado provincial Luis López. 

Nesta liña, insiste en que "desde logo, se queremos medidas eficaces para frear ao xabaril, pasa por estar coordinados entre todos, todas as administracións deben estar comprometidas. Desde o Goberno central ata a Xunta, pasando pola propia Deputación de Pontevedra e os concellos". 

Para o popular, "no pleno do venres quedou claro que os problemas que está ocasionando o xabaril non están na axenda na Deputación de Pontevedra, desde o momento no que o seu vicepresidente, César Mosquera, cuestionou a necesidade de debater este asunto no pleno provincial". 

Comentarios