O primeiro banco público galego

Os microcréditos de Gondomar, unha iniciativa pioneira en Galicia

Dinero. AEP
photo_camera Diñeiro. AEP


Dinamizar a economía local de Gondomar é o obxectivo dos microcréditos postos en marcha polo goberno do concello pontevedrés de Gondomar, na comarca de Val Miñor. A iniciativa xa se coñece como o primeiro banco público de Galicia. Hai tres investidores interesados e o novo banco conta xa cuns fondos de 10.000 euros. Os seus xuros non exceden do 4 por cento.

Tal como reflectía este luns a Televisión de Galicia, alí onde non chega a banca convencional, os veciños de Gondomar poderán botar man dos microcréditos para financiar os seus proxectos produtivos. Xa o fixeron na comunidade de montes de Couso con éxito. Poderán optar ata a 3.000 euros a 5 anos. 

Os interesados deberán presentar unha memoria valorada e obter o visto e prace da persoa que inviste os cartos no seu negocio.

Comentarios