As probas aos 27 traballadores do Álvaro Cunqueiro illados dan negativo

O persoal estivo en contacto cunha paciente que deu positivo, pero agora poderán volver ao traballo tras confirmarse que non teñen coronavirus 
El Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. ARCHIVO
photo_camera El Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. ARCHIVO

As últimas probas realizadas aos 27 traballadores do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que estaban illados por un posible contacto cunha persona infectada por coronavirus deron negativo, segundo confirmaron fontes do Sergas. 

Estes 27 traballadores (persoal de enfermaría e celadores) foron illados a principios de agosto como medida de precaución por ter estado en contacto cunha paciente que ingresou no hospital vigués para someterse a unha cirurxía. 

Ao realizarlle as probas PCR a dicha paciente, o resultado foi positivo en coronavirus, polo que o hospital decidiu o illamento de todo o persoal que tivera contacto con ela. 

Segundo informou este venres o Sergas, as últimas probas realizadas a estes traballadores deron resultado negativo, "polo que están en condicións de abandonar o illamento e volver ao traballo". 

No último informe feito público este venres, Sanidade confirmou que, na área sanitaria de Vigo, hai 134 casos activos de COVID-19, dos que 2 están ingresados en planta do Álvaro Cunqueiro (ningún paciente na UCI) e 132 nos seus domicilios.

Comentarios