Prohibida a pesca na zona de afundimento do Sin Querer Dos para buscar o desaparecido

A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica emitiu unha resolución na que comunica que non se poderá pescar na zona ate aninovo

Un amplio dispositivo sigue buscando al marinero desaparecido tras el naufragio del Sin Querer Dos. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Dispositivo de busca do Sin Querer Dos. LAVANDEIRA JR. (EFE)

A Consellería do Mar ordenou, a instancias de Salvamento Marítimo, a prohibición da pesca e a retirada dos aparellos da zona de Fisterra (A Coruña) onde se afundiu o pesqueiro Sin Querer Dos o pasado mércores 19 de decembro para contribuír a facilitar a localización exacta do barco e proceder ao rastrexo co que atopar ao tripulante aínda desaparecido. 

A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica emitiu unha resolución na que comunica que, "debido ás necesidades técnicas do equipo que se emprega", é necesario que a zona de procura se atope libre de aparellos e sen interferencias da actividade pesqueira. 

Deste xeito, queda prohibida a pesca con calquera arte ou modalidade pesqueira desde as 15.00 horas deste venres até as 00.00 horas do 1 de xaneiro nun radio de dúas millas desde o punto onde se considera que se afundiu o pesqueiro. 

As actividades de procura e rastrexo están previstas para estas datas. A resolución tamén foi comunicada ás federacións de confrarías de Galicia e ademais establece a retirada inmediata dos aparellos. 

Para coñecer a localización exacta do Sin Querer Dos, participa a embarcación Sebastián Ocampo do Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar. Ao mesmo tempo, nas inmediacións continúan os traballos para atopar ao tripulante desaparecido no naufraxio. 

Comentarios