Unha trintena de postos do Mercado de Abastos ofrecen entrega a domicilio

A Concellaría de Promoción Económica vén de elaborar uns carteis cos contactos de todos os negocios que ofertan esta opción

Imagen de este martes de un puesto de venta del Mercado de Abastos de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Imagen de este martes de un puesto de venta del Mercado de Abastos de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Concellería de Promoción Económica e Turismo informa de que unha trintena de postos do Mercado de Abastos dispoñen de servicio de entrega a domicilio, facilitando que a cidadanía quede na casa e non teña que saír para comprar produto fresco.

Coa finalidade de que os consumidores teñan a man os números de contacto dos vendedores aos que poden chamar por teléfono para xestionar comodamente os seus pedidos dende a casa, o Concello acaba de elaborar uns carteis nos que se recolle toda esta oferta por seccións.

Información do Mercado

Entre os negocios que dispoñen deste servizo de delivery hai 15 postos de peixe e marisco, un de conxelados, seis carnicerías, dúas froiterías, unha queixería, unha tenda de produtos galegos, dúas panaderías e dous postos de venda de bacallau.

A concelleira socialista Yoya Blanco lembra que, "ao igual que acontece con outras grandes superficies, o Mercado de Abastos de Pontevedra permanece aberto ao público para o subministro de alimentos de primeira necesidade e calidade".

Non obstante, a edil do PSOE lembra que nos últimos días se teñen decretado dende o seu departamento unha serie de medidas para garantir ao máximo a seguridade de praceiras e clientes, entre elas a de establecer un aforo máximo de 60 persoas, manter unha distancia mínima de dous metros ou o emprego obrigatorio de guantes por parte dos concesionarios dos postos.

Comentarios