O PSOE pide o "voto útil" para unha "esquerda na que se pode confiar"

Caballero e Perelló subliñaron na Boa Vila que "Casado non dá a talla para gobernar"
Gonzalo Caballero e a comitiva socialista en Pontevedra. DP
photo_camera Gonzalo Caballero e a comitiva socialista en Pontevedra. DP

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, realizou este xoves sendas visitas a Pontevedra e Ourense, onde advertiu de que "Pablo Casado non dá a talla para gobernar España" e pediu "o voto útil" para "a esquerda na que se pode confiar".

Acompañado polo secretario de Xustiza do PSOE, Andrés Perelló, o líder socialista puxo o foco en que "Pablo Casado non é un líder solvente para afrontar os retos que ten por diante España". Caballero criticou a entrega do PP a Vox, unha forza de extrema dereita que "quere facerlle un jaque mate ao Estado das autonomías".

Mentres, Andrés Perelló sinalou que "las derechas españolas, a fuerza de echarle chuletas, al caniche le ha ido creciendo la melena, y ahora se han dado cuenta que no era un caniche, sino un león que se los está comiendo. Y a ese león solo le puede hacer frente un partido sólido con capacidad de gobierno que pueda aglutinar el voto de la izquierda", recalcou.

O dirixente socialista puxo en valor que "todas las leyes que llevan en este país y en Europa el sello del progreso y de los avances sociales y de derechos llevan la firma de un presidente socialista".

Pola súa banda, os candidatos do PSOE ao Congreso e o Senado pola provincia Guillermo Meijón e Marica Adrio visitaron onte ás instalacións da empresa Setga xunto ao tenente de alcalde socialista, Tino Fernández, e a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.

Comentarios