Retiran unha granada sen carga explosiva atopada por un veciño en Gondomar

A Garda Civil chama á cidadanía a avisar cando atopen "calquera artefacto, por sinxelo ou inerte que pareza"

Efectivos de los Tedax de la Guardia Civil, trabajando. TWITTER
photo_camera Efectivos de los Tedax de la Guardia Civil, trabajando. TWITTER

Os Tedax (Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos) da Garda Civil retiraron unha granada sen carga explosiva achada por un veciño cando limpaba unha leira en Gondomar. Segundo informaron fontes do instituto armado, os feitos ocorreron o pasado sábado, cando un señor que se atopaba limpando nunha leira atopou un artefacto sospeitoso, polo que procedeu a chamar á Garda Civil. 

No posto de Gondomar activouse o protocolo e mobilizáronse os Tedax, que identificaron o artefacto como unha granada de instrución (utilizada para ensino) que non tiña carga explosiva. Así, procederon á súa retirada e estudo. 

Estas fontes chamaron á cidadanía a avisar cando atopen "calquera artefacto, por sinxelo ou inerte que pareza", para que sexan os técnicos os que o examinen. Na súa conta de Twitter, a Benemérita engade que a "todo obxecto con aparencia de artefacto explosivo e estraño á contorna, hai que darlle consideración de real". 


 

Comentarios