A revolución será o eixe temático do XX Salón do Libro

A lusófona será a literatura convidada do evento, que se celebrará entre o 22 de marzo e o 12 de abril de 201

Xosé Antonio Perozo y Carme Fouces, durante a presentación. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Xosé Antonio Perozo y Carme Fouces, durante a presentación. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que celebrará a súa XX edición entre o 22 de marzo e o 12 de abril do próximo ano, estará adicado á revolución. Anunciouno a concelleira de Cultura, Carme Fouces, acompañada do presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), Xosé Antonio Perozo, na presentación do II Premio Internacional de Ilustración do Salón, un galardón dotado con 3.000 euros para o que o prazo de presentación de orixinais remata o 10 de outubro.

"As bases completas do certame poderanse consultar na nosa web (www.salondolibro.org)", explicou Fouces. "Agardamos ter a mesma acollida que o ano pasado", indicou a concelleira, ao tempo que lembrou que na anterior convocatoria se recibiran 234 traballos de autores de 20 nacionalidades diferentes.

Aproveitando a comparecencia, Fouces adiantou tanto cal sería o eixe temático da vindeira edición, a revolución, "que nos parece un temazo",como o feito de que desta vez non habería país convidado, senón unha literatura: "a lusófona".

Segundo dixo, a organización do Salón xa se tiña posto en contacto con organismos como o Instituto Camões ou a Embaixada de Brasil e contaba coa confirmación da súa participación.

Comentarios