A rúa Echegaray permanecerá pechada na mañá deste domingo

O Concello informa do intinerario que deben seguir os residentes da zona para facer uso dos garaxes
Obras de Echegaray. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Obras na rúa Echegaray, o pasado mes de febreiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

A rúa Echegaray permanecerá pechada á circulación de vehículos durante a mañá deste domingo, 4 de outubro, concretamente na franxa horaria comprendida entre as 7.30 e as 15.00 horas.

O motivo deste peche puntual é a instalación dun guindastre de grandes dimensións, que, segundo co Concello, realizarase en domingo por ser a xornada con menos volume de tráfico rodado.

Corte de tráfico en Echegaray

O acceso a garaxes, así como as urxencias que se poidan producir, deberán realizarse con entrada e saída polo mesmo lugar. Así, tomando como punto de referencia o sitio no que se está instalando o guindastre, os garaxes que queden cara a marxe da rotonda de Paseo de Colón con Alfonso XIII deben entrar e saír por esa banda, e os garaxes que queden cara a marxe da rúa Alameda deben entrar en saír polo mesmo vial.

Ademais, colocarase sinalización advertindo do peche desta rúa na rotonda de San Roque, na rúa Alameda e na rotonda de Paseo de Colón con Alfonso XIII.

Comentarios