A Ruta Xacobea, plató de excepción para escolares de Campañó

'Atopando o Camiño' é a curta coa que pechan un proxecto educativo ▶Contaron con cameos de coñecidos

Un momento da rodaxe en Pontevedra. CEDIDA1
photo_camera Un momento da rodaxe en Pontevedra. CEDIDA

Os escolares do CEIP de Parada-Campañó convertéronse a pasada fin de semana en actores e actrices para protagonizar a curtametraxe Atopando o Camiño, a guinda a Bo Camiño, un proxecto educativo promovido polo Equipo de Normalización Lingüística, que durante todo este curso estivo centrado na Ruta Xacobea "a través da simboloxía do Camiño, os trovadores de tempo atrás, as indumentarias, monumentos, rutas...", explica María Fanjul, unha das mestras implicadas na iniciativa xunto a Víctor Couce.

As gravacións desenvolvéronse polas rúas de Pontevedra, pero tamén na súa propia parroquia e no veciño concello de Barro.

Un momento da rodaxe en Pontevedra. CEDIDA4

Participou a gran maioría do alumnado -en total son uns 160 rapaces-, tanto de Infantil como de Primaria, que mostrou un enorme entusiasmo. Ademais dos seus mestres tiveron colaboracións de excepción.

Así, sinala Fanjul, contaron coa cooperación da Facultade de Ciencias Sociais e, máis concretamente, con tres estudantes do Grao de Comunicación Audiovisual. Ademais de achegar o material técnico necesario, "Sabela, Noelia e Laura lograron crear o ambiente propio dunha rodaxe" e tamén "contribuíron motivando enormemente ao alumnado.

Un momento da rodaxe en Pontevedra. CEDIDA5

A elas sumouse Cristian Rodríguez, un alumno do ciclo de Son e outras persoas como Andrés Ramallo e Uxía Diéguez en labores de axudantes de dirección, así como Andrés Castro, crítico de cine, botando unha man co guión. "Dixémoslles a todos que era un proxecto escolar e quixeron implicarse".

Na curta non faltan cameos e colaboracións doutras caras coñecidas, como a contacontos Raquel Queizás, Enrique Mauricio e Carlos Taboada (Polo Correo do Vento) e o gaiteiro Óscar Ibáñez, que se encargará da música.

Un momento da rodaxe en Pontevedra. CEDIDA3

"Foi unha fin de semana intensa no que contamos coa participación da ampla maioría do alumnado e onde as familias fixeron que fose posible xa que se ocuparon do desplazamento dos actores e actrices aos diferentes escenarios cando era preciso", destacou Fanjul. Agora, a falta dunha escena por gravar, quedará por facer o making of –onde colabora Alejandra Padín e poderase ver no blog Orgullo de Campañó– e, xa nos vindeiros meses, a montaxe.Un momento da rodaxe en Pontevedra. CEDIDA2

Un momento da rodaxe en Pontevedra. CEDIDA6

Comentarios