Saelle o óso da perna ao caer dun balcón cando traballaba en Cangas

Outro operario resultou ferido ao caer nun concesionario de camións en O Porriño

Un operario foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo ao resultar ferido o desprendemento dun balcón en Cangas, segundo informa o 112.

O operario traballaba sobre un balcón cando se desprendeu e o home caeu ao chan. Como consecuencia do golpe, o ferido sufriu unha fractura aberta de perna.

Após recibir a alerta, ao redor das 16.00 horas, o 112 solicitou a intervención dos profesionais sanitarios, Policía Local, Garda Civil e servizo municipal de emerxencias.

Por outra banda, no Porriño, sobre as 15.00 horas, foi rescatado un operario que caeu a un foso mentres traballaba nun concesionario de camións no polígono industrial da Granxa, onde se desprazou o 061 e a Garda Civil. Tamén foi trasladado a Povisa, neste caso cun traumatismo na cabeza, pero consciente.