O sorteo da Once deixa 100.000 euros en Tui

O vendedor do boleto foi Francisco Javier Franco Lamas, no seu quiosco na Praza de Galicia
Quiosco da Once en Tui. GOOGLE MAPS
photo_camera Quiosco da Once en Tui. GOOGLE MAPS

O sorteo extraordinario de verán da Once deixou 100.000 euros en Tui, nun dos premios de segunda categoría. O vendedor do boleto foi Francisco Javier Franco Lamas, no seu quiosco na Praza de Galicia. 

O Extra de Verán da Once tamén deixou premios en localidades de Andalucía, Cataluña, Castela e León e Comunidade Valenciana. Puxo en xogo un primeiro premio de 20 millóns de euros, 20 de 100.000 euros e 119 de 60.000 euros. 

Os boletos da Once comercialízanse polos 20.000 vendedores da organización, na web e nos establecementos que colaboran con esta iniciativa. 

Comentarios