O Teatro Principal acolle a presentación do documental 'Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba'

A peza está escrita e dirixida polo antropólogo Rafa Quintía e presentada polo escritor Rodrigo Cota

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro venres 16 ás 21:00 horas a presentación do documental Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba, escrito e dirixido polo antropólogo Rafa Quintía e presentado e locutado polo escritor Rodrigo Cota.

Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba narra un percorrido por todo o país perseguindo as pegadas da mítica Raíña Lupa, citada no Códice Calixtino no contexto da traslación do corpo do Apóstolo Santiago a Galiza. O documental achégase "ao fondo dun dos principais mitos fundacionais do país, entre castros, montes sagrados, covas e cidades asolagadas, nunha aventura que nos permitirá coñecer moito sobre o noso patrimonio material e inmaterial".

Comentarios