Teñen responsabilidade as administracións locais no caso da cadela Alma?

Segundo a declaración do cazador que a maltratou, a cadela levaba 15 días abandonada. Libera! recorda que é competencia municipal a recollida de animais extraviados
La perra víctima del cazador en Chantada. LIBERA
photo_camera La perra víctima del cazador en Chantada. LIBERA

A asociación animalista Libera! pide que se investigue se hai responsabilidades administrativas no caso da cadela Alma, que morreu o pasado martes tras ser tiroteada e mallada por un cazador de Chantada uns días antes.

O colectivo faise eco así da a declaración do autor dos feitos ante a Garda Civil, ante quen afirmou, nun intento de xustificar o seu intolerable compartamiento, que o animal levaba "uns quince días" abandonado pola zona e que a súa camada atopábase nun alpendre próximo. 

Por iso, Libera! recordan que é "competencia das administracións locais" a recolleita e acollida dos animais sen fogar, tal e como aparece sinalada no artigo 22 da Lei de Benestar Animal de Galicia. Os animalistas dirixirán unha solicitude de información ao Concello de Chantada para coñecer que trámites realizou.

A asociación indica que diferentes persoas afirmaron ver á cadela en diferentes zonas de Chantada "sen que fose efectivamente rescatado". Iso, apuntan, podería evidenciar unha falta de cumprimento da normativa autonómica. Ante esta situación, tamén trasladarán sendas peticións de datos á Consellería de Medio Ambiente e á Garda Civil, por se existise constancia en ambos os organismos.

Os defensores dos animais queren que se depuren posibles responsabilidades administrativas que levaron ao tiroteo e malleira ao animal nunha aldea de Chantada.

Comentarios