Vídeos

Trailer de 'Lupa. na procura do mito da raíña loba'

‘Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba’ narra un percorrido por todo o país perseguindo as pegadas da mítica Raíña Lupa, citada no Códice Calixtino no contexto da traslación do corpo do Apóstolo Santiago a Galiza. O documental, escrito e dirixido polo antropólogo Rafa Quintía e presentado e locutado polo escritor Rodrigo Cota, achégase ao fondo dun dos principais mitos fundacionais do país, entre castros, montes sagrados, covas e cidades asolagadas, nunha aventura que nos permitirá coñecer moito sobre o noso patrimonio material e inmaterial.
Comentarios