Imprimir

Trasladadas dúas persoas ao Cunqueiro tras un incendio nunha casa de Redondela

Efe | 01 de Julio de 2018

Hospital Álvaro Cunqueiro. AEP
Hospital Álvaro Cunqueiro. AEP

Os feitos ocorreron nunha vivenda do Camiño da Pega ► O lume calcinou o salón da vivenda

Dúas persoas resultaron afectadas pola inhalación de fume tras un incendio declarado nunha casa en Redondela. 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou o salón da vivenda.

Os feitos ocorreron no Camiño da Pega, á altura do número 2, sobre as 19.30 horas deste sábado.

Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do incendio e a partir de aí o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso aos bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, a Protección Civil, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez na casa, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo sufocaron o lume e os efectivos sanitarios trasladaron ás dúas persoas ao hospital Álvaro Cunqueiro. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/comarcas/trasladadas-duas-persoas-ao-cunqueiro-incendio-nunha-casa-redondela/20180701104240988805.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)