Un operario foi trasladado inconsciente logo de caer dun edificio de Bueu no que estaba a traballar.
O home caeu dunha altura aproximada dun 10 metros. Atopábase realizando tarefas de mantemento na fachada do edificio número 3 situado na rúa Caripa.
Varios veciños foron testemuñas da caída. Foron mobilizados os Bombeiros do Morrazo, Garda Civil, Policía Local e 061.