Trece Amarillo, finalista dos Premios Mestre Mateo 2020

A produtora marinense opta a levarse o máximo galardón do audiovisual galego co videoclip Perfidia para o grupo Tanxugueiras
photo_camera Os produtores marinenses nun momento da rodaxe do videoclip. CEDIDA

A vila marinense está de noraboa e incluso pode chegar a estalo máis. A produtora de Marín Trece Amarillo é unhas das finalistas dos Premios Mestre Mateo 2020. Os marinenses Diego Santaclara y Diego M. Barcia conseguiron o billete para intentar acadar o máximo galardón do audiovisual galego gracias a realización do videoclip Perfidia para o grupo Tanxugueiras.

O pasado mes de novembro, cando se levou a cabo a rodaxe ningún dos 'Diegos' se podía imaxinar que plantarlle lume a un coche acabaría cunha recompensa tan enriquecedora. O bo resultado dun vehículo calcinado e o lume foi o que lle deu a oportunidade aos dous marinenses de aspirar a este galardón. De feito é a primeira vez que Trece Amarillo se presenta aos Mestre Mateo, que se celebrarán o próximo 7 de marzo en A Coruña.

Diego Santaclara y Diego M. Barcia, forman parte desde fai varios anos desta produtora. A sede da empresa non podía estar noutro sitio que non fose a rúa Real xa que ambos son de Marín de toda a vida

Desde este céntrico lugar, Trece Amarillo crea desde videoclips, como o que agora é candidato, ata vídeos para festivais de música, curtametraxes e documentais. De feito, un dos traballos que a produtora está levando a cabo na actualidade é a grabación do documental 'Devolviendo el golpe' dirigido por el marinense Carlos Prado Pampín, un gran referente audiovisual en Marín que xa gozou de experiencia nos Mestres Mateo.

RODAXE. O videoclip rodouse en Pontevedra en coproducción con PlayPlan e coa axuda do Concello de Pontevedra. As tres cantareiras de Tanxugueiras protagonizan o vídeo musical. Para mostrar a forza deste grupo de folc galego, as rapazas saen indemnes dun coche despois de un accidente e destrozan o vehículo para, a continuación, plantarlle lume. Dúas xornadas de traballaron deron como resultado o videoclip finalista.

Comentarios